Vivir no meu nome
Sobre o proxecto
Este proxecto está centrado na vida de Mercedes Nuñez Targa, unha moza cuxa vida transitou os acontecementos centrais que marcaron o devir central do século XX. Medrou en Barcelona na luz das primeiras décadas do século XX. Loitou en defensa da República. Viviu o horror dos cárceres franquistas e despois combateu o nazismo na Francia ocupada. Acabou nos campos de concentración nazis. Sobreviviu, e foi unha voz que nunca calou para lembrar ás que non sobreviviron á esa noite de horror. E por riba de todo, sobresaíu a súa humanidade. Mercedes mostrounos a capacidade do ser humano de ter compaixón, mesmo con quen nos infrinxe a maior das dores. A historia de Mercedes lonxe de ser cousa do pasado, presentásenos moi actual, onde vemos como os conflictos bélicos poden mudar do día para a noite as nosas vidas.
Unha produción de Trespés.
Beatriz Vázquez Campaña
Alberte Román Losada
90 min