Invasoras: unha ameaza silente

Produción Audiovisual
Estado: En produción

Sobre o proxecto

Invasoras: Unha ameaza silente procura facer un achegamento á realidade da problemática das Especies Exóticas Invasoras (EEI) existentes en Galicia, a través da escolla de varios exemplos de fauna e flora alóctona. Unha serie de 6 micro-pezas dun minuto de duración para redes e plataformas dixitais.

Con cada capítulo mostraremos unha especie invasora, vexetal e animal, das que están presentes en Galicia. Recolleremos a distribución da especie  en Galicia, indicaremos como se propaga e os principais impactos e, tamén, aquelas medidas de mitigación que se están adoptando.

Unha produción de Trespés para a CRTVG.

Realización

Adrián Vilas

Produción executiva

Alberte Román Losada

Duración

6 micros-pezas de 1 min

Ano

2024