Postgrowth S.A.: Pontevedra

Produción Audiovisual
Estado: En produción

Sobre o proxecto

Postgrowth S.A.: Pontevedra é un proxecto de ciencia cidadá desenvolvido polo grupo de investigación Postgrowth Innovation Lab, e que ten como obxectivo investigar como levar adiante unha transición ecolóxica xusta nas cidades, involucrando no proceso de investigación ao alumnado de centros educativos de Pontevedra. Este proxecto contempla a realización dun documentario no que se amose o proceso de ciencia cidadá e os resultados acadados.

Unha produción de Trespés para a Postgrowth Innovation Lab-Universidade de Vigo.

Financiación

Concello de Pontevedra e a FECYT.

Realización

Beatriz Vázquez Campaña.

Produción executiva

Alberte Román Losada.

Duración

35-40 min

Ano

2024