Fillas do vento

Produción Audiovisual
Estado: En desenvolvemento

Sobre o proxecto

Fillas do Vento é unha viaxe por unha paisaxe cultural milenaria na que os seres humanos conviven con cabalos e lobos salvaxes. Queremos dar testemuña desta relación milenaria, creadora de cultura e biodiversidade, hoxe ameazada. Nas inhóspitas terras do norte de Galicia, na serra do Xistral, tres historias de supervivencia entrelazan os seus fíos para tentar dar continuidade á vida. Un territorio condicionado pola dureza do seu clima, con ventos violentos e néboas impenetrables.

Unha produción de Trespés.

Desde hai miles de anos, cabalos, lobos e comunidades humanas cohabitan nos montes galegos. É unha loita desigual, que conforma unha paisaxe e unha cultura. Este é un proxecto audiovisual que quere contar esta historia.

Realización

Adrián Vilas

Produción executiva

Alberte Román Losada

Duración

80 min