A auga que trouxeron
Sobre o proxecto
O documentario constrúe un relato sobre a realidade das traídas veciñais de auga en Galicia. Estes sistemas son resultado dun proceso histórico onde a veciñanza xogou un papel importante, pois foron os propios veciños quen as construíron, financiaron e xestionaron. Esta realidade permanece a día de hoxe mantendo unha xestión autónoma. Ollamos cara o pasado para recoñecer o esforzo colectivo que significou levar a auga ás casas nunha Galicia rural sen servizos básicos garantidos. Analizamos o presente, cos seus retos e conflitos, e albiscamos o camiño a percorrer para unha realidade do común que xestiona un ben tan importante como é o da auga e que debe facer fronte a ameazas como o despoboamento rural ou a seca.
Unha produción de Trespés.
“Resultado dun proceso histórico onde a veciñanza xogou un papel importante, pois en moitos casos foron os propios veciños quen as construíron, financiaron e xestionaron.”
Financiación: concello das Neves, concello de Mondariz, concello de Moaña, CMVMC do Rosal, CMVMC de Tameiga.
“Resultado dun proceso histórico onde a veciñanza xogou un papel importante, pois en moitos casos foron os propios veciños quen as construíron, financiaron e xestionaron.”
Beatriz Vázquez Campaña
Beatriz Vázquez Campaña / Alberte Román Losada
Alberte Román Losada
77 min