Historia visual do Reino medieval de Galicia, unha achega ao período medieval
Publicacións
Mércores, 01 Mai 2024

Trespés ven de lanzar a publicación centrada no período medieval, a “Historia visual do Reino Medieval de Galicia”. Combinando ilustracións, mapas e fotografías que se acompañan con textos accesíbeis, esta publicación pretende ser un recurso divulgativo para o público xeral, especialmente para o estudantado, que procure saber máis sobre a fascinante historia de Galicia, e concretamente do seu período medieval.

A través da publicación, o público achegarase a un período histórico que non deixa de sorprender. Unha ferramenta para nos aproximar dunha das etapas máis sobresaíntes, e ao tempo máis descoñecidas do pasado do país.

Esta produción foi realizada por Trespés Producións Culturais e contou co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña ao abeiro da liña de subvencións a proxectos centrados no Reino medieval de Galicia.

Outras publicacións

A auga que nos demos

A auga que nos demos

Este proxecto documental narra a epopea que se viviu en moitos lugares do rural galego coa construción das traídas de auga veciñais.

read more