avana LLC

23 Decembro 2021

A auga que nos demos

Desde finais dos sesenta, viviuse un proceso silencioso, mais profundamente transformador en moitos lugares do país; levar a auga ás casas. Con este proxecto documental, dirixido por Beatriz Vázquez Campaña, queremos narrar a epopea que se viviu en moitos lugares do rural galego coa construción das traídas de auga veciñais. Nun momento convulso da historia, os homes e mulleres destes lugares non quixeron esperar por unha administración que non daba chegado, e de xeito colectivo, foron quen de crear as traídas de auga nos seus lugares e parroquias, un avance social que significou unha mellora na calidade de vida da xente, contribuíndo a facilitar os traballos domésticos a quen maior carga tiña neles, as mulleres.

Na actualidade, un 10% da poboación galega, case 650.000 persoas, bebe auga a través das traídas veciñais, un modelo autónomo de xestión dun recurso natural.

Este documentario está en fase de gravación.