avana LLC

04 Maio 2020

Fillas do Vento. Cabalos, lobos e homes

A lenda conta que as éguas que viven no monte son fecundadas polo vento. E así vén sendo desde o Neolítico. Neste proxecto queremos facer un achegamento a un animal totémico como é o cabalo de monte. Galicia é un dos poucos lugares no mundo, senón o único, onde se pode testemuñar a presenza de cabalos salvaxes en réxime de semiliberdade nos seus montes de xeito continuado desde os primeiros poboamentos. Esta realidade creou un mundo natural, cultural e social onde converxen o lobo, o territorio, o patrimonio, a memoria e a comunidade. Unha realidade que se artella como unha constelación desde a noite dos tempos. Unha constelación indómita.

Traballamos coa idea de desenvolver un documental para a televisión, onde a perspectiva naturalista estará acompañada da pegada cultural.

Este documentario está en fase de desenvolvemento.